Nova publicación no marco do proxecto Resclima

Equipo
Miércoles, Junio 28, 2017

 

Temos o pracer de presentar o libro dixital Resclima: aproximación ás claves sociais e educativas do cambio climático, recentemente editado no marco do proxecto Resclima e que contou co apoio de Aldine Editorial. 

Os textos incluídos nesta obra son froito do labor e das inquietudes compartidas ao longo de catro anos polas persoas e colectivos que participan no proxecto Resclima, persoas e colectivos que exploran nas súas reflexións e nas súas experiencias as dimensións sociais e educativas do cambio climático e das políticas de resposta ás ameazas que comporta.

Todos os textos, igual que o conxunto de resultados e produtos derivados do proxecto Resclima, oriéntanse a servir de base para elaborar materiais e recomendacións que melloren a educación e a comunicación sobre a crise climática.