Respostas educativas e sociais
ao cambio climático

Resclima

O proxecto RESCLIMA, sobre a relación entre ciencia e cultura común nas representacións sociais do cambio climático: achegas á educación e comunicación sobre os riscos climáticos, explora a lóxica complexa que preside a construción do coñecemento común sobre o cambio climático e o papel que xoga a cultura científica neste proceso.

Actividades

Estas son as últimas actividades do proxecto RESCLIMA.
Se desexas organizar algunha actividade ou estás interesado en participar podes contactar connosco no correo actividades@resclima.info.

Novas

  • APRENDENDO DA ACCIÓN COLECTIVA: INICIATIVAS CIDADÁS DE ADAPTACIÓN E RESILIENCIA

    Nos últimos meses, a equipa de investigación do proxecto Integrar la adaptación y la resiliencia ante los riesgos climáticos en los estilos de vida: iniciativas ciudadanas ejemplares (CLIMACTIVA), ten desenvolvido un extenso traballo de campo para coñecer e caracterizar iniciativas vinculadas a riscos climáticos no estado español. Esta tarefa ten centrado a súa atención en

  • Santiago utopía

    Nun mundo cheo de desafíos, queremos romper coa rutina dos problemas e futuros escuros. É hora de atreverse a soñar e construír alternativas, utopías compartidas, desexables, igualitarias, xustas e sostibles. Para iso, estamos a organizar un grupo de persoas co que comezar a soñar e elaborar propostas que logo poidan traducirse en accións concretas. Falaremos,

  • O grupo SEPA-interea no VII Congreso Internacional de Educacição Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa e Galiza

    Mozambique acolleu na semana do 4 ao 7 de xullo o VII Congreso Internacional de Educação Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa e Galiza (http://www.ealusofono.org/), no que o equipo de investigación SEPA-interea, a través do Proxecto Resclima e da súa pertenza á Rede Lusófona de Educação Ambiental (RedeLuso), tivo unha presenza notable, con