O Grupo de Investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-Interea) convida a todas aquelas persoas ligadas á investigación a presentar propostas de comunicación para o Seminario Internacional Resclima I que se celebrará en Santiago de Compostela (España) os días 11 e 12 de deceembro de 2014.
Seminario Internacional Resclima I, Santiago de Compostela- 11 e 12 de decembro de 2014
Investigar o Cambio Climático na interfaz entre a cultura científica e a cultura común
Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela
O Grupo de Investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-Interea) convida a todas aquelas persoas ligadas á investigación a presentar propostas de comunicación para o Seminario Internacional Resclima I que se celebrará en Santiago de Compostela (España) os días 11 e 12 de deceembro de 2014.
As áreas temáticas suxeridas para organizar os aportes dos e as investigadoras que queran compartir este espazo de intercambio científico e de reflexión son as seguintes:
– As representacións sociais e os discursos sobre o cambio climático.
– O tratamento do cambio climático nos medios de comunicación.
– O cambio climático no currículo escolar.
– O cambio climático e os saberes tradicionais.
– O cambio climático e a valoración social do risco.
– Os procesos de comunicación sobre o cambio climático.
– Condicionantes e barreiras nas respostas políticas e sociais ao cambio climático.
Pódense presentar comunicacións nas línguas oficiais do evento (castelán, galego e portugués).
Prazos
Para participar enviarase un resumo segundo o formulario “ficha resumen” ata o 15 de setembro de 2014 ao correo: seminario@resclima.info
Para que a proposta de comunicación apareza no programa, a persoa autora de contacto deberá estar inscrita antes do 31 de outubro, data de finalización da tarifa reducida.
Tarifas e datas de inscrición
Para formalizar a inscrición é necesario remitir a “Ficha de inscripción” e o comprobante de pago ao correo: seminario@resclima.info
Categorías |
Anticipada (ata o 31 de outubro) |
Ordinaria (ata o 30 de novembro) |
---|---|---|
Estudantes e persoas sen emprego remunerado |
20 € |
30 € |
Profesionais |
50 € |
70 € |
Comité científico
Marília Andrade Torales (Universidade Federal do Paraná, Brasil); José Antonio Caride Gómez (Universidade de Santiago de Compostela, España); Anabela Carvalho (Universidade do Minho, Portugal); Emilio Fernández Suárez (Universidade de Vigo, España); Edgar González Gaudiano (Universidad Veracruzana, México); Marcos Antonio dos Santos Reigota (Universidade de Sorocaba, Brasil); Germán Vargas Callejas (Universidade de Santiago de Compostela, España).
Comité Organizador
Pablo Ángel Meira Cartea (USC); Mónica Arto Blanco (USC); Lucía Iglesias da Cunha (USC); María Barba Núñez (USC); Francisca Marli Rodrigues de Andrade (USC).
Agradecemos a difusión do evento entre tódalas personas que podan estar interesadas. Tedes máis información en www.resclima.info ou a través do correo seminario@resclima.info.