Comunicacións

Poderanse presentar comunicacións en calquera das linguas oficiais do evento (castelán, galego e portugués) en relación ás liñas temáticas identificadas na presentación:

– As representacións sociais e os discursos sobre o cambio climático

– O tratamento do cambio climático nos medios de comunicación

– O cambio climático no currículo escolar

– O cambio climático e os saberes tradicionais

– O cambio climático e a valoración social do risco

– Os procesos de comunicación sobre o cambio climático

– Condicionantes e barreiras nas respostas políticas e sociais ao cambio climático

Para participar enviarase un resumo de 500 palabras e, unha vez comunicada a aceptación do mesmo, remitirase o texto completo de acordo coas normas establecidas.

Para que a proposta de comunicación apareza no programa, o autor de contacto deberá estar inscrito antes do 31 de outubro, data  de finalización da tarifa reducida.

Cada persoa  só pode remitir unha proposta, se ben pode figurar como coautora en todos os textos nos teña participado.

Todas as persoas que asinan a comunicación poderán obter un certificado de presentación, sempre que estean inscritos no evento.

Normas de presentación

Resumo: ata o 30 de setembro de 2014 (prazo ampliado)

– Extensión máxima de 500 palabras.

– Axustarase ao formato da “Ficha resumo”

https://www.dropbox.com/s/jc9vtrvtlynjthl/Ficha%20resumen.doc

https://www.dropbox.com/s/momncny7pcrrw8k/Ficha%20resumen.pdf

– Enviar ao correo: seminario@resclima.info

Texto final: ata o 25 de novembro de 2014

– Para a publicación nas actas do Seminario, enviarase o texto completo.

– A extensión máxima do texto final será de 12 páxinas, incluídos gráficos, táboas, bibliografía e notas.

– Interliñado 1,5. Tipo de letra Times New Roman 12.

– As referencias deben citarse no texto, seguindo as normas APA de citación.

– As notas poranse a pe de páxina.

– As táboas e gráficos enxertaranse como imaxes (extensión .JPG, tamaño 300 píxeles por pulgada) numerados no corpo do texto.

– Enviar ao correo: seminario@resclima.info

Presentación en formato póster

– Poderase solicitar directamente a presentación dunha comunicación en formato póster.

– De igual modo, deberase enviar o resumo no formato de “Ficha resumo” no prazo indicado (ata o 15 de setembro de 2014) ao correo: seminario@resclima.info

– Para a publicación nas actas do congreso, enviarase o texto completo (ata o 25 de novembro de 2014) atendendo ás normas de presentación ao correo: seminario@resclima.info

– Os formato do póster no superará os 120 cm de alto por 100 cm de ancho.