IV Seminario RESCLIMA / 2º encontro REAJA

Presentación

O cambio climático (CC) é o gran reto do século XXI. Para eludir os peores escenarios que prognostica a ciencia é preciso adoptar cambios profundos nas nosas sociedades. Urxe tomar conciencia da vulnerabilidade humana diante desta ameaza, así como aceptar a maior responsabilidade das sociedades que más teñen contribuído ás emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), que contrasta coa menor capacidade das sociedades infra-desenvolvidas para responder aos efectos dun clima fora de control.

A resposta efectiva á alteración antrópica do clima é, ademais, urxente. As alarmas prendidas pola comunidade científica advirten que temos escaso tempo para reaccionar. En poucos años haberá que emprender unha gran transformación social, económica e enerxética para evitar o colapso da civilización tal e como a coñecemos.

Nesta encrucillada sorprende a lentitude coa que avanzan as políticas climáticas. O CC ocupa un lugar marxinal na area pública e dista moito de ser un tema prioritario para os tomadores de decisións ou para a poboación en xeral. O CC valórase como unha ameaza difusa, aprazada no tempo e afastada no espazo. O obxectivo fundamental dos programas educativos e de comunicación na próxima década debe ser converter o CC nun problema relevante e significativo.

O Proxecto Resclima (www.resclima.info) e a REAJA naceron como un aporte a esta tarefa. No IV Seminario Internacional Resclima e no 2º Encontro da REAJA poñemos a mirada sobre o papel dos sistemas educativos, outorgando atención preferente á inclusión do CC no curriculum e na praxe educativa da educación secundaria. Neste nivel, os e as adolescentes teñen a primeira oportunidade de conectar formalmente coas ciencias do clima coa madurez necesaria para aprehender na súa complexidade os retos do CC e os cambios necesarios para transitar cara un mundo sostible e xusto.

Entendemos que una resposta ao CC que sexa eficaz e urxente dende o sistema educativo require aplicar un “curriculum de emerxencia climática” que converta esta ameaza nun compoñente central do quefacer pedagóxico en todos os niveis educativos e, principalmente, na educación secundaria.

O evento celebrarase os días 26 e 27 de outubro de 2018, en Santiago de Compostela, articulándose arredor dos seguintes eixos de reflexión:

  • Representacións sociais do cambio climático no alumnado e o profesorado de educación primaria, secundaria e universitaria.
  • A Educación para o cambio climático no sistema educativo universitario e non universitario.
  • Comunicación do cambio climático e cidadanía.
  • A educación nas políticas de cambio climático.
  • Educación para o cambio climático e xustiza ambiental.

Lugar do evento

Auditorio de Galicia

 

 

Programación

Comité Organizador

Dirección

Pablo Ángel Meira Cartea (USC)

Secretaria

Lucía Iglesias da Cunha (USC)

Vocais

Alejandra Duran (CONICET, Argentina)

Alejandro Pérez Diez (USC)

Antonio García Vinuesa (USC)

Germán Vargas Callejas (USC)

Kylyan Marc Bisquert (USC)

M. Carmen Morán de Castro (USC)

María Barba Núñez (USC)

Miguel Pardellas Santiago (USC)

Mónica Arto Blanco (USC)

Organizan

Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA)

Universidade de Santiago de Compostela

Rede Internacional de Pesquisadores em Educação Ambiental e Justiça Climática (REAJA)

Colaboran

Concello de Santiago de Compostela

Asociação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA)

Grupo Pesquisador em Educação Ambiental, Comunicação e Arte (GPEA) – Universidade Federal de Mato Grosso (UFMT)

Comité Científico

Adolfo Agúndez Rodríguez (Université du Québec à Montréal-UQAM, Canadá)

Antonella Bachiorri (Università degli Studi di Parma, Italia)

Araceli Serantes Pazos (Universidade da Coruña)

Carlos Vales Vázquez (Centro de Educación Ambiental e Extensión Universitaria de Galicia)

Conceição Colaço (Universidade de Lisboa, Portugal)

Cristina Teixeira (Universidade Federal do Paraná, Brasil)

Edgar González Gaudiano (Universidad Veracruzana, México)

Francisco Heras Hernández (Oficina Española de Cambio Climático, España)

Francisco Soñora Luna (Universidade de Santiago de Compostela, España)

Gloria Elena Cruz Sánchez (Universidad Veracruzana, México)

Irineu Tamayo (Universidade de Brasilia, Brasil)

Jacqueline Carrilho (Universidade Federal do Rio Grande, Brasil)

Joaquim Pinto (Associação Portuguesa de Educação Ambiental, Portugal)

José Antonio Caride Gómez (Universidade de Santiago de Compostela, España)

José Gutiérrez Pérez (Universidad de Granada, España)

José Manuel Gutiérrez Bastida (Inguruguela, España)

Laura Bello Benavides (Universidad Veracruzana, México)

Lucie Sauvé (Université du Québec à Montréal- UQAM, Canadá)

Marcos Sorrentino (Universidade de Sao Paulo, Brasil)

María Sintes Zamanillo (Centro Nacional de Educación Ambiental, España)

Marilia Andrade Torales (Universidade Federal do Paraná, Brasil)

Mario Oliveira (Instituto Politécnico de Leiria, Portugal)

Marli Rodrigues (Universidade Federal Fluminense, Brasil)

Michelle Sato (Universidade Federal do Mato Grosso, Brasil)

Sara Carvalho (Universidade de Aveiro, Portugal)

Teresa Pozo Llorente (Universidad de Granada, España)

Ulisses Azeiteiro (Universidade de Aveiro, Portugal)

Instrucións para a presentación de traballos

Comunicacións orais breves (speech-flash)

Os traballos en modalidade de comunicación oral breve, serán presentados por un dos/das seus/súas autores/as nun tempo máximo de 5 minutos (formato speech-flash), sen ningún tipo de apoio audiovisual (por exemplo, diapositivas ou slides).
As presentacións foron agrupadas en base aos eixos temáticos e por afinidade de contidos. Cada sesión está dividida en dúas quendas de 5/6 autoras/es respectivamente, que subirán xuntas/os ao escenario a presentar consecutivamente os seus traballos. Inmediatamente despois de rematar a primeira quenda, este primeiro grupo baixará do escenario para dar paso ao segundo, que seguirá a mesma dinámica.
Prégase ás/aos autoras/es que preparen adecuadamente as súas presentacións orais para axustarse ao máximo ao tempo dispoñible, e permitir así o correcto desenvolvemento das sesións. Neste sentido, o tempo de exposición será estritamente controlado. Así mesmo, rógase ás/aos autoras/es que se dirixan puntualmente ao inicio da súa sesión ao pe do escenario para seguir as instrucións da/do correspondente coordinador/a.

Pósteres

As/os autoras/es contactarán coa Secretaría do Seminario no horario de Recepción e acreditacións (venres 26 de outubro, de 8:00 a 9:00), onde recibirán indicacións para a súa exposición no espazo habilitado. As/os participantes do Seminario poderán achegarse á exposición de pósteres durante o horario do café da mañá de venres 26 e sábado 27 de outubro (de 11:30 a 12:00), así como no descanso da tarde do venres (de 18:00 a 18:30), polo que se prega ás/aos autoras/es que permanezan durante este tempo ao carón do seu póster para expoñelo e atender ás persoas interesadas no seu traballo. Cada autor/a responsabilízase de imprimir, colocar e retirar o seu póster. Durante a noite de venres 26 habilitarase un espazo onde poder gardar o póster e podelo ter a disposición para a sesión do sábado 27.

Premio ao mellor póster: unha comisión composta por dous integrantes do Comité Organizador e dous membros do Comité Científico valorará no transcurso do evento o conxunto de pósteres presentados, apreciando fundamentalmente a calidade do contido e a súa capacidade de comunicación e de síntese. O póster premiado recibirá no Acto de Clausura do Seminario un certificado de recoñecemento, así tamén como se efectuará o reembolso da taxa de inscrición da/do autor/a principal.

Certificados

A Comisión Organizadora do IV Seminario Internacional Resclima e 2º Encontro da REAJA fará entrega de certificados de asistencia e de participación nas distintas modalidades de presentación de traballos. No primeiro caso, estes serán proporcionados pola Secretaría do Seminario ao efectuar a acreditación na mesa de Recepción e acreditacións que se habilitará o venres 26 de outubro de 8:00 a 9:00. En caso de non poder asistir neste horario a recoller o seu certificado, deberase poñer en contacto con calquera dos membros da Comisión Organizadora, que poderá indicar a quen dirixirse para conseguilo.

Os certificados de presentación de traballos (comunicacións orais e pósteres) serán entregados ás/aos autoras/es ao finalizar as respectivas sesións pola/o coordinador/a destas.
IMPORTANTE: En calquera caso, para a expedición dos correspondentes certificados, é preceptivo completar o formulario disposto na seguinte ligazón https://goo.gl/forms/WbgoXVoIEUd0Be8n1 antes do vindeiro 10 de outubro. Non se poderá emitir certificado a aquelas persoas que non faciliten a información requirida dentro do prazo estipulado. Se desexan que tamén se lles certifique a participación das/dos coautoras/es dos traballos malia non asistan ao Seminario, deberase proporcionar os seus datos mediante o mesmo formulario.

RECOÑECEMENTO COMO CURSO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA: Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado. Para tal efecto, seguir as mesmas indicacións de envío de información sinaladas no anterior parágrafo.

Información sobre xantares

O Auditorio de Galicia ten un servizo de restauración aberto ao público que ofrece un menú de autoservizo a 10€ e un menú para levar en caixa libre de plástico a 9€. Os menús inclúen bebida, primeiro prato, segundo -quente ou frío, e con opción vexetariana- e sobremesa.
As persoas da empresa LASSO, como responsables da prestación deste servizo, son conscientes do importancia e valor da gastronomía tradicional, así como da elaboración de propostas culinarias con produtos de proximidade e de tempada. Exemplos concretos disto son o servizo de bebida con auga km0 como alternativa á auga embotellada, as sobremesas caseiras de Versos da Ruda, feitos artesanalmente e servidos en recipientes reutilizables, ou as caixas libres de plástico que se utilizan no menú para levar.

Información sobre cafés

Todas as persoas inscritas e debidamente acreditadas no IV Seminario Internacional Resclima e 2º Encontro da REAJA están convidadas aos cafés que se servirán nas sesións matutinas de Café con exposición de pósteres. Neste sentido, para facilitar a súa identificación como participante do evento, rogamos leven consigo en todo momento, e de xeito visible, a acreditación que lle será entregada durante a Recepción e acreditacións do inicio do Seminario (venres de 8h a 9h). En caso de non poder asistir neste horario a recoller a súa acreditación, póñase en contacto con calquera dos membros da Comisión Organizadora, que lle indicará a quen dirixirse para conseguila.

Para calquera consulta: seminario@resclima.info

 

Para descargar o programa do Seminario: