Os pasados 10 e 11 de outubro celebrouse o Colloque International L’Éducation relative au Changement Climatique, organizado polo Centr’ERE na Université du Québec à Montréal.
Dende o Proxecto Resclima participamos presentando os nosos últimos resultados e os novos proxectos de investigación na primeira sesión do venres 11.
Todo o evento foi retransmitido en directo e gravado, e está dispoñible nas seguintes ligazóns:
- Sesión do xoves 10 de outubro: primeira parte / segunda parte
- Sesión do venres 11 de outubro: primeira parte / peche do evento
Parabéns á organización deste necesario e estimulante evento, no que se afondou nos fundamentos epistemolóxicos e praxiolóxicos da Educación para o Cambio Climático, e se puxo de manifesto a urxencia de desenvolver programas educativos consistentes e significativos en todos os niveis e contextos educativos, tanto do ámbito escolar como social, para situar a emerxencia climática como eixo central das políticas públicas e da mobilización cidadá.