Nun mundo cheo de desafíos, queremos romper coa rutina dos problemas e futuros escuros. É hora de atreverse a soñar e construír alternativas, utopías compartidas, desexables, igualitarias, xustas e sostibles.
Para iso, estamos a organizar un grupo de persoas co que comezar a soñar e elaborar propostas que logo poidan traducirse en accións concretas. Falaremos, coñeceremos outras iniciativas e decidiremos que cousas facer.
O Proxecto Santiago Utopía é unha iniciativa piloto impulsada polo Concello de Santiago de Compostela coa colaboración do Grupo de Investigación SEPA e a cooperativa Feitoría Verde.
▶ 5 de marzo ás 18:30h no CSC Maruxa e Coralia (Praza Salvador Parga, 14)