Educar para o Cambio Climático no movemento social agroecolóxico en Galicia: oportunidades e retos

O sistema agroalimentario hexemónico globalizado é responsable de arredor dunha cuarta parte das emisións de gases de efecto invernadoiro que contribúen á actual crise climática. Ao tempo, o sector agrario é un dos máis afectados polas súas consecuencias, o que, en consecuencia, ameaza gravemente a seguridade alimentaria en amplas rexións do planeta (FAO, 2018). Urxe polo tanto a procura de respostas de mitigación, adaptación e resiliencia efectivas vinculadas a transformacións da dieta e do sistema agroalimentario no seu conxunto (IPCC, 2019). Gali- cia, en particular, presenta unha das dietas con maior pegada de carbono do conxunto estatal (Esteve-Llorens et al., 2020), mais tamén un particular potencial para a transformación do seu sistema agrario cara a modelos ambiental e socialmente sustentables (Carreira e Carral, 2014).



Kylyan M. Bisquert i Pérez, Pablo Á. Meira Cartea, Antonio García-Vinuesa (Xullo 7, 2021). Educar para o Cambio Climático no movemento social agroecolóxico en Galicia: oportunidades e retos. XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía: La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes, Santiago de Compostela, España