Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común

O Primeiro Seminario Internacional Resclima: Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común organizouse como un espazo máis, dentro do Proxecto RESCLIMA, para indagar e reflexionar sobre a natureza destas interfaces. Os traballos de investigación que compoñen esta publicación buscan contribuír no deseño de programas e accións educativas e comunicativas máis eficaces.


As finalidades últimas son converter o cambio climático nunha cuestión socialmente relevante e motivar á cidadanía para que demande e protagonice políticas de resposta máis ambiciosas. O seminario celebrouse os días 11 e 12 de decembro de 2014 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e contou coa participación de especialistas procedentes de Brasil, España, México e Portugal.



Mónica Arto Blanco, María Barba Núñez, Francisca Marli Rodrigues de Andrade, Pablo Ángel Meira Cartea (Coords.) (Decembro 11, 2014). Investigar o cambio climático na interface entre a cultura científica e a cultura común. Primeiro Seminario Internacional Resclima, Santiago de Compostela, España