Streaming do coloquio compartido con Ses “Milonga Climática”.

Se non puideches conseguir unha entrada terás a oportunidade de seguir o evento por streaming desde a seguinte ligazón. Esperamos que o gocedes.

 

O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…” convida á cantante Sés (María Xosé Silvar) a un coloquio compartido co público no que mesturar cancións con reflexións sobre o cambio climático e algúns dos temas máis recorrentes da súa discografía.
Entrada de balde, previa retirada de invitación a partir do 7 de marzo no despacho de billetes do Teatro Principal. Pero se non puideches conseguir unha entrada terás a oportunidade de seguir o evento por streaming desde a seguinte ligazón. Esperamos que o gocedes.
Unha aperta.

https://www.youtube.com/watch?v=j8qKsNpxPK8