O pasado mes de outubro botou a andar o proxecto Integrar a adaptación e a resiliencia antes os riscos climáticos nos estilos de vida: iniciativas cidadás exemplares (CLIMACTIVA). Esta iniciativa, outra peza máis na liña de colaboración entre o Grupo de Investigación SEPA-interea e a cooperativa Feitoría Verde, foi selección pola Fundación Biodiversidad, del Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico, na súa Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a realización de proxectos que contribúan a implementar o Plan Nacional de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030 no exercicio 2023.
Os traballos de investigación sobre estilos de vida, xénero, acción colectiva e emerxencia climática teñen experimentado un elevado crecemento nos últimos anos a nivel internacional, o que se ten traducido nun maior peso destes enfoques no Sexto informe de avaliación do IPCC (2022). Entre outras, convén destacar as publicacións con enfoque de xénero do Instituto das Mulleres (2020, 2021, 2022), ou sobre estilos de vida (Fundación Biodiversidad, 2022; UNEP, 2022). Os resultados poñen de manifesto que os cambios necesarios deben abordarse dende unha perspectiva integral , actuando sobre actitudes, valores e comportamientos, xa que os estilos de vida están modulados polo contexto, así como polos roles e brechas de xénero. De igual xeito, despréndese que a acción colectiva no marco dos movementos sociais ou dos estilos de vida é un pilar que sustenta os avances na gobernanza climática (IPCC, 2022).
Nesta liña, o proxecto pretende analizar os estilos de vida desde unha tripla perspectiva diferenciadora:
- en primero lugar, aspírase a identificar e caracterizar iniciativas cidadás cun alto grao de resiliencia e capacidade de adaptación fronte a algúns dos principais retos climáticos (olas de calor, secas, inundacións, incendios, etc.)
- a continuación, analizar os estilos de vida individuais e colectivos enmarcados nestas iniciativas, incorporando especificamente a dimensión comunitaria e a perspectiva de xénero.
- finalmente, elaborar, a partir dos resultados da análise comparada das iniciativas cidadás, un documento a modo de inventario no que se visibilicen os aspectos clave identificados nos estilos de vida de persoas que participan nas iniciativas cidadás estudadas, e unha proposta educativa concreta.
En consecuencia, seleccionaranse entre 8 e 15 iniciativas cidadás, que constituirán os casos de estudo, atendendo a criterios de tipoloxía de risco e territorio, principalmente. Os traballos prolongaranse durante todo o 2024.