O Proxecto Resclima segue alargando as súas aplicacións. Estamos a pechar o Proxecto Do Desequilibrio aos Soños Compartidos. Construción de Narrativas de Futuro Sostible, onde se triangula o labor educativo dunha Cooperativa de Educación Ambiental –Feitoría Verde, un grupo de teatro profesional –Chévere– e o grupo de Investigación SEPA-interea a través do Proxecto Resclima. Este proxecto contou coa financiación e o apoio da Fundación Carasso e coa participación dos concellos de Ames, Padrón e Pontevedra. Seguimos traballando na necesidade de conectar as persoas coa emerxencia climática, principalmente persoas de grupos e colectivos sociais aos que as iniciativas educativas usuais non chegan. Da investigación básica á aplicada, buscando alianza con axentes sociais de distintos sectores. para máis información sobre o desenvolvemento do proxecto vos recomendamos visualizar o seguinte microdocumental: